MAIS INFO SOBRE OS GRUPOS QUE ACTUARÁN ESTE ANO...
VENRES 1:Birimbao (Galiza)
Grupo coruñés que dende o ano 1999 ten unha importancia notable no panorama folk de Galicia. Tense codeado no escenario con grupos xa consagrados, dando mostras da sua calidade.
A súa base musical é achegar a música Galega a todo o mundo. Recollendo a música do pobo e adaptando os temas ó seu estilo pero sen perder a identidade de orixe.
Aínda que a sua referencia principal é Galicia podemos atopar no seu repertorio referencias a música de Irlanda, Escocia,Gales,Bretaña,etc...
Briganthya (Euskadi)
Briganthya formouse no 2000. Empezaron a ser coñecidos e recoñecidos tras o seu paso por importantes festivales. No 2002 gravaron o seu primeiro traballo "Ashèra" chegando a vender en dous anos 3000 copias. Entre 2002 e 2004 realizou ó redor de 80 actuacións por distintos festivales de renome e compartindo cartéis con recoñecidos grupos e artistas. En maio de 2005 sacan o seu segundo traballo "Viaje de bruxas" sendo invitados a presenta-lo disco na que foi a sua primeira actuación internacional, en Bègles (Burdeos) ante 7000 persoas. En 2006 realizan a súa primeira xira internacional por Nicaragua.
Triquel (Valladolid)
Triquel xa é sinónimo de rock celta. Compoñen cancións con raizes celtas, invitandonos a reflexionar coa suas letras, tan elaboradas coma divertidas e revindicativas. Acaban de lanzar o seu terceiro traballo discográfico “Sin hacer ná”. O seu disco “Akelarre”, foi recoñecido coma o mellor disco folk de grupos noveles, polo programa “Trébede” de Radio 3 (RNE).
SABADO 2 (dende as 18:00 horas):A.C. Castro-Meda (Zas)
Formada no 86, na actualidade a escola de baile conta con máis de cincuenta mozos/as do Concello de Zas, sendo o grupo Churía o máis veterano. O seu traballo céntrase en recoller e difundir os bailes, músicas e vestiduras da zona, como representación dos xeitos de vivir e de diversion dos nosos avós. Acadaron importantes premios en distintos certames e actuaron por toda Galiza, España, Portugal e Arxentina.
Os Campantes (A Baña)
Comezaron como un quinteto de gaitas o que logo se engadiron clarinete, saxofón, caixa e bombo con pratos. Dende ese momento comezan a interpretar un repertorio recollido a vellos gaiteiros que tiveran tocado principalmente en charangas e bandas de música.
Actúan en importantes eventos musicais ó longo de toda Galiza e tamén no resto de España. Coa súa riqueza instrumental e fidelidade ás pezas recollidas, amosarán ó público cómo eran e qué ritmos tocaban as murgas ou charangas de principios do século XX.
IAR (A Coruña)
A principal inquietude deste grupo de baile é recuperar todo o posible o noso folclore: bailes, cantares, música, indumentarias, costumes, etc. Gracias a esta labor de recuperacion do folclore, o Grupo de Bailes Populares IAR ten un amplo repertorio propio, que vai interpretando ó longo do noso país e no estranxeiro.
Banda de Gaitas Ferreñas (Vilarmaior)
Dende a súa formación, a agrupación foi desenrolando diversas actividades que desembocaron na formación dun grupo de baile con varias seccións, así como dunha gran Banda de Gaitas.
Teñen actuado por toda Galicia así como no resto de España e Portugal, colaborando tamén en varias ocasións coa R.T.V.G.
SABADO 2 (dende as 22:00 horas):Fia na Roca (Galiza)
Con cinco traballos discográficos editados, Fía na Roca xa ten conseguido un público fiel e incondicional que valora os seus directos sinceros e sen artificios nos que a sensibilidade é a súa compoñente principal. Concertos nos que tradición, evolución, vangarda, jazz, rock, funky, folk, son tan só materiais para a construcción dun edificio sonoro que está no máis alto nivel da arquitectura musical de Galiza.
A Quadrilha (Portugal)
O obxectivo da Quadrilha é facer a fusión entre formas propias da tradición portuguesa e unha certa sonoridade Celta. Por outro lado, ten unha preocupación: facer chegar a música popular á xente máis nova porque consideran moi importante que os xoves se identifiquen coa súa música e que sintan que lles pertence. Ao vivo, o espectáculo da Quadrilha transpira alegría e emoción. Cando a Quadrilha entra no palco ¡é para por a todos a danzar!
Luar na Lubre (Galiza)
Luar na Lubre é, hoxe por hoxe, unha das formacións máis importantes de folk na Galiza e cecais a máis internacional cun amplo historial de concertos e recoñecementos tras de sí. A súa sona traspasou fronteiras sendo solicitados desde todos os puntos do planeta para tocar nos máis prestixiosos festivais e recintos. Desde os seus primeiros traballos obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro que conforman esta longa historia.
Wolfstone (Escocia)
A formación de Wolfstone é eléctrica, elegante, emocional e explosiva en directo. Porque se algo caracteriza ao grupo é a contundencia das súas actuacións en vivo. O seu estilo vén marcado pola procedencia dos seus compoñentes, a metade do mundo do rock e a outra metade das cancións tradicionais do seu país. E no noso país como xa é sabido, Wolfstone ten unha das súas mellores audiencias en número e en fidelidade, aspecto que o grupo comparte con igual devoción.
Clanadonia (Escocia)
Clanadonia é a banda herdeira da metade do mítico grupo escocés Clann an Drumma. A súa música supón un uso intensivo de percusión (tambores tradicionais escoceses) e gaitas con énfasis nos máis tradicionais tribais sons da antigua Escocia. Presentarannos o seu primeiro disco desta nova traxectoria, chamado "Clanadonia". O seu potente estilo fará vibrar a todo o público.
--------------------
máis info:
festadacarballeira.com